Contáctenos: 981 70 69 06 | 717 70 15 84 WhatsApp

Blog

Axudas da Xunta de Galicia para a promoción do emprego autónomo nos xóvenes
23MAR

Axudas da Xunta de Galicia para a promoción do emprego autónomo nos xóvenes

Ata o 30/09/2016 está aberto o prazo de presentación de solicitude de axudas para aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas inscritas no SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL que, pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumpran os seguintes requisitos de solicitude:

1.- Persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que constituxan o seu propio posto de traballo, desenvolvan a súa actividade en Galicia, e ademáis reúnan os seguintes requisitos:

  • Sexan titulares ou cotitulares de negocio ou explotación.
  • Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de inicio da actividade.
  • Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional  entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016.
  • Non percibisen subvencións ao abeiro do Programa de promoción do emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
  • Non desenvolvesen como persoas  traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.

2.- As persoas traballadoras autónomas  ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación,  sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.Quedan excluídos deste programa, os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades  laborais e os autónomos colaboradores.

EXISTEN, POLO TANTO, DOUS TIPOS DE AXUDAS:

A.    Subvención para  iniciativas de autoemprego xuvenil.

Co obxecto de facilitarlle ingresos durante o inicio da actividade á persoa moza desempregada que emprenda unha iniciativa empresarial ou profesional por conta propia, poderá concedérselle unha subvención a calquera persoa inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que solicite a alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade profesional, ata o 30 de setembro de 2016   por unha cantidade de 1.200 euros.Esta subvención é incompatible coa outra subvención desta mesma Orde e coas establecidas nos distintos programas de promoción do emprego autónomo, nos programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, iniciativas de emprego, iniciativas de emprego de base tecnolóxica e integración laboral das persoas con discapacidade, convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

B.    Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

1.- Co obxecto  de facilitarlles ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, poderá concedérselle unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, que estean de alta ou se dean de alta no momento da presentación ou no prazo que se lle indique na resolución da concesión, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 2.000 euros  sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e os seis  posteriores  ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2016.

 2.- As contías desta subvención serán as seguintes:

  • A. 7.500 euros persoa moza.
  • B. 8.000 euros, muller
  • C. 10.000 euros persoa moza desempregada con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social

Compartir esta entrada en: 0 0 0

Volver
Esta web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información